Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Aprendendo a educar co psicólogo Daniel Novoa

Daniel Novoa Psicologo
Aprendendo a educar co psicólogo Daniel Novoa

Este pasado sábado tivo lugar a conferencia "Cousas que agradecerías saber para afrontalo reto educativo" coa que deu comezo o Consulta ao Programa Outubro da FundaciónPrograma O Mes da Fundación - Outubro 2021, un programa que conta coa Deputación da Coruña.

O psicólogo Daniel Novoa deu unha serie de claves, consellos e pautas para enfrentarnos á complexa, dura e ardua tarefa de educar correctamente aos nos@s fill@s. Tarefa crucial pois el@s son o futuro, e son @s encargad@s, para ben ou para mal, de deseñar e construír a sociedade de mañá.
Foi unha charla amena, pero con rigor, onde se tratou dende a educación en xeral ata exemplos concretos do día a día. Estructurouse nunha introducción, unha reflexión xeral, uns apartados con temas trascendentais como a responsabilidade, inculcar valores, xerar unha sana autoestima e xestionar os conflitos, pechando cunha reflexión final.

A próxima cita será o sábado 16, ás 20:30 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Cee. Conferencia dos psicólogos Juan Carlos Permuy e Belén Montesa, titulada "Mindfulness e regulación emocional”.

Máis información

Comentarios