As familias de Cee aprenderon as bondades do mindfulness

Continúa moi activo o Programa “Outubro da Fundación”, da man da Fundación Fernando Blanco. Este pasado sábado tocaba charla sobre "Mindfulness e regulación emocional”, da man de dous profesionais como Belén Montesa e Juan Carlos Permuy.
Montesa é unha Psicóloga Xeral Sanitaria cun Máster en Sexoloxía pola Universidade de Alcalá de Henares e Máster en Terapia Familiar Sistémica pola Escola Vasco Navarra de Terapia Familiar. Ademais é Experta en drogodependencias pola Universidade Complutense de Madrid e specialista en psicoterapia de grupos e grupos multifamiliares. Pola súa parte, Permuy é psicólogo e Educador Social, instrutor de Mindfulness avalado pola Universidade de Zaragoza, e tamén xperto en drogodependencias pola Universidade Complutense de Madrid.
Durante a conferencia fixeron fincapé na “capacidade de regular os estados emocionais” como un “aspecto esencial da educación integral das personas ao posibilitar o benestar persoal, a socialización e o logro laboral ou académico”, entre outros beneficios.
Definiron precisamente esa “regulación emocional defínese como o conxunto de procesos a través dos cales influimos nas emocións que temos, cando as temos e como as experimentamos e expresamos”. E aí aparece o mindfulness, esa práctica que permite “prestar atención dun xeito determinado: de forma deliberada, no momento presente e sen xuzgar”. Neste sentido, o entrenamento en mindfulness mostrou ser eficaz na mellora das habilidades de Regulación Emocional.
Na conferencia amosáronse algúns principios desta práctica co fin de incentivala curiosidade pola mesma.
Vindeira cita