Novo retraso para a reapertura da piscina tras quedar deserto o concurso


Novos atrancos para a apertura da piscina municipal de Cee. O concurso que abría o Concello quedou deserto. Ningunha empresa quixo facer a súa oferta para optar a esta concesión baixo o modelo de “xestión interesada”, de 3 anos e dous máis de prórroga, e que contaba con 50.000€ de indemnización no caso de que fose un servizo deficitario.
O eterno atranco para a reapertura dunha infraestrutura que leva 15 meses pechada. Agora, aquela data de hipótetica apertura do 1 de outubro que se marcaba o goberno municipal queda completamente esquecida, e xa hai quen pensa que non estará aberta antes de 2018. Quedan agora un mínimo 2 meses para convocar a comisión, decidir que modelo se oferta, rerredactar o “pliego” de contratación, abrir prazo, pechalo e concedelo. E paralelamente, deberíanse ir facendo as obras de reparación.
”Confianza”
Para Margot Lamela, voceira socialista, “é unha cuestión de confianza”. “Dúas empresas interesáronse pero ao ver como estaba a piscina e que non había nada feito, non se presentaron. Se estiveran as obras en marcha, como prometera o alcalde, a cousa sería distinta. Nós presentamos un priego, pero o goberno ten que manter as súas promesas de ir facendo as obras de reparación ao mesmo tempo que sacabamos o concurso”.
Modelo
Para o BNG, cre que os 3 anos con prórroga poden ser pouco para que as empresas lle vexa rendibilidade, e considera que é unha boa ocasión para recuperar o modelo de xestión directa por parte do concello, concendendo algúns dos servizos a empresas da zona.
Nese sentido, dende o PSOE que “a xestión directa parécenos ben, pero dígolle ao BNG que en vez de pedir, que se poña a redactar unhas especificacións e as presente”. Unha petición que non entende o BNG, pois considera que "a xestión directa non precisa a redacción de prego de condicións nen de burocracia sen límites, tan só de vontade política de abrir a instalación".
Serxio Domínguez, explica como podería ser o procedemento: "O primeiro paso sería pór en claro que persoal podemos contratar directamente e cal non, e ese é un traballo dos técnicos do concello. Unha vez que se dea, e sempre partindo de que a persoa que dirixa a instalación xa existe, o técnico de deportes, subcontratar os servizos que non poidamos ter directamente, e dicir, servizos como os de limpeza póderíaos levar a empresa que realiza eses traballos nas instalacións municipais ampliando o contrato, ou as actividades paralelas que poderían ser ofrecidas por empresas da localidade que se adican a eses menesteres".
Así, segundo o BNG "é polo tanto unha cuestión de vontade política e traballo dos técnicos do concello, non de elaborar sesudos informes inncesarios que só tapan a ineficacia de quen goberna". "O BNG fai política e aporta solucións, o traballo dos funcionarios e funcionarias fano eles e elas, e por certo ben", sentenza.
Novas relacionadas
- 05-04-17: O PSdG pide ao goberno de Cee que “deixe de marear a perdiz” no asunto da piscina.
- 04-04-17: Novos atrancos para a reapertura da piscina cando se cumpre un ano do seu peche.
- Marzo 2017: PSOE, PP e BNG denuncian retrasos do alcalde para convocar o pleno que corrobore a xestión interesada da piscina municipal.
- 22-02-17: Máis de 600 sinaturas solicitan que a piscina de Cee sexa xestionada directamente polo concello.
- 20-09-16: O Consello Consultivo bota a Aquacenit da piscina de Cee
- 25-08-16: O BNG de Cee pide celeridade para solucionar o problema da piscina.
- 15-07-16: Os traballadores da piscina alzan a voz contra o alcalde de Cee.
- 01-06-16: A non-piscina de Cee, á escuras.
- 26-05-16: Esixen a intervención urxente do Concello ante a cascada de problemas ca piscina municipal de Cee.
- 15-04-16: Usuarios e traballadores maniféstanse pola piscina municipal de Cee.
- 06-04-16: Os traballadores da xa pechada Piscina Municipal de Cee, en folga contra a concesionaria.
- Outubro 2015: A CIG emprenderá accións legais contra a concesionaria da piscina de Cee polas acusacións contra un ex traballador.
- 03-03-15: A CIG esixe o inmediato rescate da concesión da piscina de Cee.
- 14-01-15: Denuncian a situación laboral na piscina de Cee.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)