Luns. 10.08.2020
El tiempo

O alumnado do IES Agra de Raíces coñece Redon, na Bretaña francesa

O alumnado do IES Agra de Raíces coñece Redon, na Bretaña francesa
Os estudantes de 3º da ESO e 1º de Bacharelato do IES Agra de Raíces participan nun intercambio co Lycée Saint Sauveur de Redón Un grupo de alumnos e alumnas de 3º da ESO e 1º de Bacharelato do IES Agra de Raíces de Cee visitaron a semana pasada a cidade francesa de Radon no marco dun intercambio entre o centro educativo ceense co Lycée Saint-Sauveur de Redon na Bretaña francesa. Esta xa non é a primeira vez que os dous centros fan un intercambio deste tipo. A estancia foi dende o 3 ao 10 de abril, onde ademais de asistir á clase realizaron distintas actividades e saídas que lles permitiu coñecer cidades como Rennes ou Mont-Saint- Michel. A experiencia, que eles consideraron satisfactoria, permitiulles perfeccionar a lingua francesa. Agora tócalles aos estudantes franceses coñecer Cee. Así pois, durante unha semana recibirán clases, asistirán a charlas e obradoiros e farán un percorrido pola Costa da Morte, ademais, de visitar cidades como Santiago, A Coruña ou Pontevedra. Novas relacionadas Fonte

comentarios