O Blues tamén chega ás escolas
13:38 12/06/18
Aula de blues nas escolas da Costa da Morte
Moito máis que un festival é o Fisterra Blues Experience. E nótase en cousas coma estas. Dende hai tres semanas, dous colexios de Cee e de Fisterra participan no proxecto piloto EducaBlues/Blues na Escola. Unha iniciativa pioneira que lles serve de achegamento, diferente ao que están acostumados nas aulas, á música de raíz norteamericana.
Así, varios grupos de alumn@s do IES Fernando Blanco de Cee, do CEIP Areouta de Sardiñeiro e da Escola Municipal de Música de Cee, viven estas semanas unha auténtica viaxe musical da man de Xabier Mera e Yolanda Cores, profesionais da ensinanza da música, pero durante a actividade, artistas profesionais de recoñecido prestixio que forman parte do programa do festival colaborarán tamén coas/cos pequenas/os.
Presentacións no Festival
O proxecto concretarase no propio festival o sábado 16, ás 17:00h, na Praza do Concello, cun Obradoiro aberto a todas as familias, nenas e nenos que asisten ao festival, no que os máis pequenos se achegarán aos rudimentos do blues a través de divertidas actividades e xogos. De seguido, acollerá varias presentacións do Obradoiro Música e Movemento para primaria da man do CEIP Areouta, Sardiñeiro; a do obradoiro Vocal para ensino secundario (IES Fernando Blanco, Cee) coa colaboración da Sección de Vento da Escola Municipal de Música de Cee; e a presentación da colaboración da Sección de Vento da Escola Municipal de Música de Cee con Os Bregadiers. E para rematar a cita, ás 19:00h haberá un concerto didáctico dirixido a nenos e nenas a cargo de The Trashtoes. Ademais disto, tamén haberá o domingo pola mañá no Faro de Fisterra un Obradoiro de Construción de Papaventos a partir das 12 horas, cunha posterior exhibición a partir das 17 horas. O prazo para apuntarse remata o venres 15. Reservas na Axencia Brigantia (Fisterra): 981740074. A segunda edición deste Fisterra Blues Experience está organizada polo Concello de Fisterra, coa colaboración da Deputación da Coruña, e co patrocinio da cervexeira Mahou.Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/fisterra-blues-experience-3/ https://quepasanacosta.gal/fisterra-subiuse-a-bordo-do-blues/Máis información
Novas relacionadas
- Javi Turnes: “O Fisterra Blues Experiencie quere traer unha oferta cultural á altura da paisaxe”.
- Alex López: Muiñeira triste de Fisterra Blues.
- O Fisterra Blues Experience traerá á fin da terra os sons máis auténticos do Atlántico.
- Entrevista en QPC: As Bondades da Fala: Un filósofo na fin da terra.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).