Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O BNG de Cee pide a mellora e o impulso do mercado municipal

O BNG de Cee pide a mellora e o impulso do mercado municipal
mercado-municipal-cee Mercado municipal de Cee Ante as demandas de usuarios e usuarias e comerciantes, o BNG de Cee pide a mellora e o impulso do mercado municipal da vila. Por unha parte, os nacionalistas poñen de manifesto o descontento do servizo de limpeza xa que segundo indican "son os propios comerciantes os que están a facer unha segunda limpeza diaria máis minuciosa". Ademais, critican o estado "a veces noxento" dos contedores de lixo situados na parte traseira do edificio así como dos aseos. "Un edificio con tan poucos anos non debería estar nas condicións actuais", sinalan dende o BNG de Cee e ademais denuncian os deterioros notables como as goteitas no tellado. Os do bloque de Cee tamén critican "o acto propagandístico" que supoxo a zona azul. Os nacionalistas siguen defendendo, tal e como aparecía no seu programa electoral, que o aparcamento subterráneo debería estar a disposición dos usuarios e usuarias do mercado. "Hoxe en día os puntos de venda sen este servizo non compiten cos que si o teñen, e é a administración local quendebe velar e axudar ao mercado local e de proximidade", sinalan. Por outra banda, o BNG indica que "a cafetería segue pechada desde fai varios meses e sabendo que hai xente interesada en explotar ese servizo, compre dar axilidade a nova concesión, mais aproveitando a circunstancia actual, compre repensar a situación da mesma". Ademais sinala que a súa actual ubicación - na primeira planta do edificio - "é inaccesíbel para xente con problemas de mobilidade, e tendo en conta que moita persoa maior é usuaria do mercado a diario, non vemos o sitio como o mais axeitado". O BNG recalca que  a responsabilidade de mercado municipal e do mercado dominical "son do concello de Cee" polos que propón estudar a posibilidade de modificar as bases de uso dos locais; axeitar a limpeza do mercado; cumprir a normativa da zona azul; revisar de inmediato a cuberta do edificio; abrir a cafetería canto antes e estudar a posibilidade de abrir unha nova cafetería na planta baixa do edificio. Novas relacionadas Fonte

Comentarios