O Camiño dos Faros, produto estrella na World Travel Market
No sector turístico, coma no agro, hai que sementar se queres ter unha boa colleita. E é o que lle toca aos empresarios do sector unha vez pasada a temporada alta. Unha temporada de verán que se estirou por mor do bo tempo, e que permitiu rematar con grandes números.
E precisamente sementar é o que foron facer Pablo Canosa e Enrique Pérez Sampedro a London, para participar na World Travel Market, unha das feiras turísticas máis importantes do mundo. O primeiro en calidade de responsable de APTCM e do CMAT, ademais de representando ás Eiras de Lires, e o segundo como membro do Hotel Insua e Travels to Finisterre, formaron parte da nutrida expedición galega (hai un par de anos apenas ían 4 persoas), demostrando que Galicia vai valorando pouco a pouco estes espazos de promoción.
Nutrida presencia galega na WTMOs nosos representantes consideran que foi unha campaña moi produtiva, que “seguramente sairán bastantes cousas para a zona, sobre todo en materia de sendeirismo”, recoñece Pérez Sampedro. “Sen dúbida, o produto estrella e o que máis éxito tivo foi o Camiño dos Faros”, apunta.
Ambos tiveron unha reunións con touroperadores de Reino Unido, Alemaña, Italia, Portugal e como, de España. Ademais do Camiño dos Faros, tamén se falou moito do Camiño de Santiago ata Fisterra-Muxía, de actividades de aventura, surf ou avistamento de aves (bird watching) como produtos máis demandados.
”Se as cousas non se torcen, conseguiremos negocio”, avanza un Pérez Sampedro que considera clave para dinamizar o tecido empresarial da zona o feito de ir buscar clientes. E hai que recoñecer que hai moito traballo aí detrás, cun Pablo Canosa buscando reunións concretas e nichos de mercado que se poden abrir.
Enrique Perez Sampedro e Pablo Canosa, á esquerda, na WTMNovas relacionadas
- Setembro 2016: Pedro Sestayo: “A Costa da Morte está totalmente olvidada en formación hostaleira”.
- Xullo 2016: O turismo de calidade fai que Muxía colgue o cartel de completo.
- Febreiro 2016: O Turismo na Costa da Morte medrou nun 21% entre 2012 e 2014.
- Febreiro 2016: A Deputación aporta os fondos para a xerencia da CMAT.
- Xaneiro 2016: “O sector turístico da Costa da Morte ten que traballar na mesma dirección”.
- Decembro 2015: Os visitantes do Faro Vilán medran nun 20% dende 2013.
- Agosto 2015: O CMAT ponse en marcha conta co apoio económico da Xunta.
- Febreiro 2015: CMAT, constituído o ente que coordinará o Xeodestino Costa da Morte.
- Xaneiro 2015: O Turismo do Ézaro crece nun 155% no último ano.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).