Sábado. 27.04.2024
El tiempo

O Comité de Ferroatlántica consegue comezar as negociacións colectivas á marxe do Acordo Marco

O Comité de Ferroatlántica consegue comezar as negociacións colectivas á marxe do Acordo Marco
Concentracion en Ferroatlantica contra o Acordo Marco Este pasado mércores houbo nova concentración do Comité de Ferroatlantica contra o Acordo Marco

Nova, e xa van 7, os mércores seguidos que o Comité de Empresa de Cee-Dumbría-CCHH amosan o seu rexeitamento ao Acordo Marco que a Dirección de Ferroglobe vén de asinar cos sindicatos estatais. O Comité, que dubida da legalidade do acordo polo feito de non permitir a negociación colectiva en cada centro de traballo celebrou varias asembleas para explicar a reunion do pasado venres coa Dirección.

Reunión na que a empresa entregou o documento do Acordo Marco asinado en Madrid. Un documento que o Comité non recoñece e que xa anunciou que vai impugnar. Na reunión acordouse establecer un calendario de negociacións do convenio colectivo de centro de traballo, sempre non se vincule o Acordo Marco asinado en Madrid.

A primeira desas reunións celebrarase o venres mantendo de momento as concentracións dos mércores. O Comité dubida de que a dirección vaia dar o brazo a torcer pero espera que o resultado da impugnación permita que haia unha xusta mediación que obrigue a desenvolver a negociación en cada centro de traballo.

Historia do Caso Ferroatlántica

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios