Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Comité de Ferroatlántica non saiu con boas sensacións da reunión coa Dirección

O Comité de Ferroatlántica non saiu con boas sensacións da reunión coa Dirección
cig-venta-ferroatlantica Alfonso Mouzo e Paulo Carril estiveron na reunión coa empresaSemana movida para os traballadores de Ferroatlántica. Despois da volta ás mobilizacións dos mércores, e da reunión coa Xunta, esta mesma mañá de venres o Comité Ferroatlántica Cee-Dumbría-Centrais Hidroelécticas mantiña unha reunión coa dirección da empresa.

Os membros do Comité non saíron con boas sensacións, pois "a empresa veu sen gañas de avanzar e de feito, non aceptou ningunha das propostas que levábamos, e repiten que a porta pasa polo Acordo Marco", explica Alfonso Mouzo.

Non houbo, deste xeito, movementos nas firmes posturas dos dous lados conflito laboral, que xa leva máis de 2 anos copando portadas e poñendo nerviosos aos máis de 300 traballadores que depende da empresa.

O Comité espera que na reunión do vindeiro mércores se avance no proceso de negociación do convenio colectivo no lugar de traballo, como defende a lei despois de rexeitar o Acordo Marco que aprobou a empresa en todas as demais delegación do estado.

"A semana que vén haberá que valorar a situación", explican dende o Comité, que xa levan ameazando coa volta á folga como medida de presión.

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios