O Fernando Blanco premia aos mellores expedientes académicos
08:11 17/07/18
Réplica do diploma que se lle entregaba aos mellores expedientes académicos a finais do século XIX
A Fundación e o IES Fernando Blanco de Cee veñen de dar a coñecer os gañadores e gañadoras dos VII Premios Académicos "Fernando Blanco" do curso 2017-2018 e cos que ambas entidades queren - por un lado, recoñecer o esforzo e as aptitudes do alumnado e, por outro, recuperar a tradición histórica da Fundación Fernando Blanco, xa que no capítulo XV do Regulamento do Colexio-Instituto, publicado en 1886, establecíase que en cada materia impartida no centro, outorgaríase un premio extraordinario, un premio ordinario e unha mención honorífica por cada 20 alumnos/as. Ademais, sinalábase nese mesmo capítulo, que para poder optar a eles, era condición indispensable que os alumnos/as que o solicitasen obtiveran a cualificación de sobresaínte nos exames ordinarios. Para elo, constituíase un tribunal composto de tres profesores que eran
os encargados de decidir que alumnos/as eran merecedores das recompensas académicas.
As notas dos premiados/as desta edición oscilaron entre o 8,75 e o 9,81. De feito, era requisito imprescindible para optar a ditos Premios, ter tódalas materias aprobadas en xuño, cunha nota media mínima de 8,5, así como matricularse no curso seguinte no IES Fernando Blanco de Cee. As bases establecen que se entregarán 5 premios (1º F.P. Básica, 3º ESO, 1º Bacharelato, 1º Ciclo Medio e 1º Ciclo Superior). Dado que tanto en 1º de F.P. Básica como en 1º de Ciclo Medio ningún alumno/a acadou o 8,5 esixido, e de acordo coas bases reguladoras, nesta edición os 5 premios académicos “Fernando Blanco” repartíronse entre 3º da ESO (1 premio), 1º de Bacharelato (2 premio) e 1º de Ciclo Superior (2 premios).
Cada un dos premios está valorado en 500 € (220 € en metálico e 280 € en vales de compra doados polos establecementos colaboradores). A cerimonia de entrega dos Premios celebrarase o venres 19 de outubro, ás 12:oo horas, no salón de actos do IES Fernando Blanco. Os premiados nesta sétima edición dos Premios Académicos “Fernando Blanco” foron:
- Paula Pérez Trillo (3º ESO)
- Paula Fandiño Trillo (1ª Bacharelato)
- Darío Labo Beiro (1º Bacharelato)
- Daniel Costa Espasandín (1º ciclo superior - administración e finanzas)
- Andrea Domínguez Caramés (1º ciclo superior - administración e finanzas)
- Fernando Castro, mestre do IES Fernando Blanco, gaña o I Certame de textos teatrais Roberto Vidal Bolaño
- Unha alumna do IES Fernando Blanco de Cee gaña o premio especial de Mellor Actriz Escolar
- Unha curta textil dos alumnos do IES Fernando Blanco, gañadora do Festival Audiovisual Olloboi 2018
- Redacción QPC ([email protected])
- Fundación Fernando Blanco