Sábado. 08.08.2020
El tiempo

O IES Agra de Raíces celebra a súa Semana Cultural

O IES Agra de Raíces celebra a súa Semana Cultural
A ciencina, a literatura e o deporte son as protagonistas da Semana Cultural que se está a desenvolver no IES Agra de Raíces de Cee. Dende onte e ata o venres, día 7, o alumnano terá a oportunidade de participar en distintos obradoiros de diversas temáticas. Con motivo da Semana Cultural recibirán varias visitas. Así representantes do Centro de Investigacións Científicas da Coruña achegaranse ao centro para ofrecer unha visión entretida da ciencia; membros de SOGAMA buscarán sensibilizar aos alumnos e alumnas da importancia de coidar o medio ambiente e usuarios e usuarias de ASPADEX ensinaralles o proceso de enmarcación, encadernación ou elaboración de bolsas. Ademais, distintos organismos públicos e asociacións como APEM, Protección Civil, SEPRONA, Instituto Galego de Consumo ou a Universidade de Santiago impartirán charlas a todo o alumnado de ESO e Bacharelato, sobre urbanismo, as vacinas para o cancro, enerxías do mar, matemáticas… Persoeiros do mundo da literatura e da ciencias tamén se achegarán ao longo desta semana ata o centro ubicado en Cee. Así, recibirán a visita de escritores como Riveiro Coello, Andrea Maceira, Fernando Cimadevila, Jorge Mira ou María Canosa que acudirán ao IES Agra de Raíces para falar das súas obras. Durante estes cinco días haberá tempo para o deporte, da man de Dafit e IFT de Fisterra, para a música e para o cine, coa proxección da película "Matar a un ruiseñor”. Ademais, as xornadas completaranse con sendas visitas á Estación de Servizo Bazarra e á Fundación Fernando Blanco.   Novas relacionadas Fonte

comentarios