Martes. 17.09.2019
El tiempo

O Modesto Patrimonio: O Río da Lagarteira de Cee

O Modesto Patrimonio: O Río da Lagarteira de Cee
CEE.- Construcion da canle para a desembocadura do río Construción da canle para a desembocadura do río Largateira en Cee Rio da Lagarteira Mapa da canalización do Rio da Lagarteira Antes de entrar no tema principal, venme á memoria o que nos dicía na escola a mestra: nas rías galegas case sempre desemboca un río importante, e puña como exemplo o Eume, o Grande de Baio, Tambre... Para mín esta xeografía estaba moi lonxe e era totalmente descoñecída. Só sabía do río Grande de Sta Uxía que tamén lle chamaban o Xallas e desembocaba no Ézaro. A medida que fun medrando e viaxando polo territorio sempre me preguntaba cal sería o río que formou a Ría de Corcubión. Agora xa de vello e despois de ver varias fotos de satélite e contemplar o Val de Pereiriña desde o alto do mirador de San Pedro Mártir pode opinar que o caudaloso Río Castro que circula polo Val de Trasufe e entra no Val de Pereiriña en dirección sur, ó chegar á altura da Casa de Valdepeñas, da un xiro brusco de 90º para desembocar na praia de Lires. A que se debe esa tolada? Non será que retrocedendo varios millóns de anos algún axente xeolóxico como pregamento ou desprendimetos laterais o obligárono, neste punto, a fuxir nesa dirección. Pensei que se esta teoría fora certa, os labradores con fincas no val, terían levantados cantos rodados ó labrar co tractor, o que sí me foi confirmado. Se continuamos uns centenares de metros por ese val en dirección a Cee aparece o Río da Lagarteira, que desemboca na Ría. Pode ser este río os restos do primitivo Río Castro? O Río da Lagarteira nace na paraxe coñecida como As Mixiricas, no monte de Duei, pasa polo actual polígono industrial, e baixa ó oeste dos lugares de A Lagarteira e Pallares, desembocando na Ría polo antiga Ponte da Groba, despois de recorrer 5,2 Qm. Na actualidade este tramo final está encauzado. As súas augas daban enerxía para mover as moas de 25 muíños, para lavar a roupa nos lavadoiros públicos e os pescantíns disfrutaban das abundantes troitas e anguilas. Fai uns mes entroume a loucura de recorrer o cauce deste río para identificar os muíños e facer unha ficha individual con fotos. Foi unha tarea moi laboriosa e perigosa pola silvas e fochancas agochadas entre fieitos o que me costou algún rasguño na cara e a rotura da camisa. Para non cansar o lector, na próxima ocasión continuaremos coa reseña dos muíños. Cantos rodados do Val de Pereiriña Cantos rodados do Val de Pereiriña

Olla outros artigos do Modesto Patrimonio

https://quepasanacosta.gal/o-modesto-patrimonio-o-lugar-da-pelexa-de-buxantes/

Comentarios