mércores. 07.05.2025
El tiempo

Vimianzo despide 4 meses de programa cultural internacionalizando o teatro galego

VIMIANZO - PRESENTACIÓN Programa Cultural Centro Dramatico Galego
O espectáculo foi presentado esta pola concelleira de Cultura, Rosa Blanco, a alcaldesa, Mónica Rodríguez, o director da unidade teatral da Xunta de Galicia, Fran Núñez, e a técnica de Cultura municipal Nieves Lema
Vimianzo despide 4 meses de programa cultural internacionalizando o teatro galego

O Concello de Vimianzo pechará este sábado, 10 de maio, a súa programación cultural continua dos útimos 4 meses, co espectáculo ‘Manuela Rey Is In da House’, unha produción do Centro Dramático Galego. Farao no Auditorio ás 20:30 horas.

A obra busca reconstruír a memoria arredor desta actriz e escritora, alcumada “a muller lirio”. Conta a súa historia a partir de fragmentos soltos e contraditorios. Unha das teorías arredor dela é que con seis anos foi entregada pola súa familia a unha compañía teatral itinerante coa que percorreu León, Palencia e numerosas localidades portuguesas antes de chegar a Lisboa, onde triunfou no Teatro Nacional D. María II. Ademais de brillar en escena, existen referencias de que tamén escribiu algunhas obras como a comedia ‘A actriz’ ou o proverbio ‘Por este deixarás pae e mãe’.

O espectáculo emprega en escena as linguas e os talentos artísticos e técnicos tanto de Galicia como de Portugal, xa que a montaxe foi creada de maneira conxunta co Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana do Castelo, o Teatro Nacional D.María II de Lisboa e o Teatro São João do Porto, afondando así na estreita relación que o Centro Dramático Galego mantén coas principais estrutura da escena lusa no marco do seu traballo a prol da internacionalización do teatro galego e dos seus profesionais.

A concelleira de Cultura agradeceu “ao Centro Dramático Galego por achegar ata o rural as súas producións” e animou “a toda a veciñanza da Costa da Morte a ver e gozar deste espectáculo, xa que é unha oportunidade única”.

Máis novas

 

Comentarios