Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Oriente loureán arrasou no Entroido de Cee

O Oriente loureán arrasou no Entroido de Cee
Comparsa a Rueirada no Entroido de Cee 2018-Foto-Rafa Quintans A Comparsa a Rueirada volveu arrasar no Entroido de Cee-Foto-Rafa Quintans

Fermosa tarde de Entroido o pasado sábado de piñata en Cee. O pavillón ateigado para recibir comparsas de toda a bisbarra e despedir o entroido por todo o alto. Dirixido por Roberto Traba Velay e Marina Calo Bujeiro foi un concurso con clara cor de oriente muradán, pois a comparsa da Rueirada de Louro levou os dous grandes primeiros premios, o de Comparsa e de Carroza. Unha Rueirada que leva arrasando nos últimos anos.

A unha posta en escena impresionante non lle faltaron algunhas rimas (rumore rumore) para convencer ao xurado de que merecían os premios.

https://www.facebook.com/manuelcandamosendon.candamosendon/videos/2016121555269888/?t=5

Por detrás quedaron os Trotamusicos de Fisterra, que repetiron o posto do Entroido de Fisterra coa súa irrevente copla, tan coidiciada a nivel local na vila do Cristo.

Dende Camariñas, os amigos de Pulpo á Jallega levaron o terceiro premio (e o segungo de carrozas) por diante da Trubisquiña de Vimianzo, o Clube Remo de Muros e os Dioses de Egipto. Levaron ademais accesits os Enjominados de Cee, Muros se va de romería (que levou o terceiro premio de carrozas) e Brillo en el podium.

Ademais, en categoría individual levouno Popeye e o de parellas para Saco de Patacas.

Marina Calo e Roberto Traba Velay Entroido de Cee 2018-Foto-Rafa Quintans Marina Calo e Roberto Traba Velay-Foto-Rafa Quintáns Pavillon ateigado no Entroido de Cee 2018-Foto-Rafa Quintans Pavillon ateigado no Entroido de Cee 2018-Foto-Rafa Quintans Enjominaos de See Entroido de Cee 2018-Foto-Rafa Quintans Enjominaos de See no Entroido de Cee 2018-Foto-Rafa Quintans

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios