Mércores. 18.09.2024
El tiempo

O PSOE pide que Modesto Rivas entregue a súa acta e Concelleiro de Cee

O PSOE pide que Modesto Rivas entregue a súa acta e Concelleiro de Cee
Modesto Rivas protagonista de varias polemicas en Cee O PSOE da Costa Atlántica pide que Modesto Rivas, entregue e súa acta como edil

Xa a liou co gallo da normativa do galego, ademais falando en clave machista. Pero parece que o edil do PSOE de Cee Modesto Rivas non quedou satisfeito, e no último pleno votar en contra da idea do seu partido, e da súa voceira, Margarita Lamela.

Hoxe salta á voz pública a Coordinadora Comarcal da Costa Atlántica (Costa da Morte), reunida onte para manifestar o seu apoio á voceira e “instar a Rivas a que entregue ao partido a súa acta de Concelleiro”; despois de que este pasase, de xeito voluntario, ao Grupo dos Non Adscritos.

A Coordinadora lémbralle que “para formar parte da candidatura do PSdeG- PSOE de Cee firmou unha carta de compromiso ético en base a uns principios e valores que o PSdeG- PSOE establece e que non amparan en ningún caso as súas condutas e comportamentos, incumprindo, entre outros, os acordos dos Órganos do PSdeG- PSOE, en tódolos seus niveis, a prol da defensa do galego e a disciplina de voto”.

Consideran dende o PSOE que pasar ao grupo mixto “supón un engano aos electores de Cee, e unha deslealdade coa formación política pola que se presentou ás eleccións”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios