O tiburón momo peregrina de novo ata Fisterra

22:00 03/06/13
Xa o pasado ano trouxermos QPC unha visita dun destes momos pola praia Langosteira. Pois este pasado mes de maio, as augas das praias de Estorde e Langosteira volveron recibir a visita dun novo momo (nome galego do tiburón peregrino, Cetorhinus maximus).
Son bastante mansiños, filtrador e polo tanto inofensivo para o ser humano, e por iso vemos a tranquilidade de Esteban Abuelo gravando este fermoso vídeo dende o seu kaiak. Esteban xa se puxo en contacto co CEMMA, dende onde nos trouxeron o vídeo para o noso disfrute. Gracias a ambos
Novas relacionadas
- 07-06-12: Unha Quenlla peregrina ata a Langosteira.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
