Sábado. 20.07.2019
El tiempo

Unha Quenlla peregrina ata a Langosteira

Unha Quenlla peregrina ata a Langosteira

A pasada fin de semana os bañistas da Praia Langosteira viviron un bo susto. Un par de aletas, como de película, achegábanse demasiado a Costa, e máis vale previr que lamentar, pensou, por exemplo, Barca Lema, que nos enviaba esta foto dende o areal.

Algo máis de 2 metros xa medía, polo dende que a Coordinadora para o Estudio de Mamíferos Mariños CEMMA, comentan que podería tratarse dun "peixe bobo" ou o que é o mesmo, unha quenlla peregrina (Cethorinus maximus), "un animal filtrador, planctónico e inofensivo, que está catalogado como a segunda especie de peixe meirande do mundo, despois da quenlla balea". Segundo apuntan foi vista outra na Ría de Vigo estes días polo que poida que estean na época de paso por fronte das nosas costas.

E dannos algo máis de información: É posible velos a veces preto da costa, e exemplares dende 3 a 5 metros (a teoría di que chegan a 8, pero aquí todos os que temos visto ou nos teñen traido pescadores ao pescalos accidentalmente eran máis pequenos). Téñense achegado a praias, De feito, hai 4 anos houbo unha alarma importante en Baldaio porque os de Protección Civil alucinaban co tamaño do animal e nos preguntaban se tiñan que pechar a praia... É un animal filtrador, non perigoso para o ser humano, máis alá do susto que pode dar. Unha forma fácil de identificalo se se ve dende unha lancha, é que as galadas suben moito cara a parte superior da cabeza, noutras quenllas son máis ben aberturas laterais que nunca se ven nunha visión dende arriba.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios