O Ministerio xa entregou a obra da remodelación do Mercado de Cee
Despoois dun ano de obras, o Mercado de Cee xa está listo. O Goberno central xa entregou a obra, como lle trasladou o delegado do Goberno Pedro Blanco á rexedora Margarita Lamela. Así e todo, a apertura aínda está pendente das licenzas municipais dos placeiros.
Blanco lembrou que o Ministerio sufragou o 80% do máis de 1 millón de euros desta obra cos fondos do Plan de Recuperación a través da liña de fomento dos mercados urbanos sostibles.
As actuacións consistiron na reforma integral do mercado municipal. Mellorouse a envolvente térmica do edificio e o illamento acústico, ao tempo que se dotou ao inmoble dun novo sistema de iluminación máis eficiente e paneis fotovoltaicos para a produción de enerxía.
Xunto ás obras no edificio, o proxecto ‘AMACEE’, beneficiario da axuda do Goberno, tamén inclúe a creación dunha plataforma web e unha APP, dun espazo gastronómico, zonas de exposicións e de artesanía e tamén unha zona de descanso e de promoción do Camiño de Santiago, ademais de campañas de promoción do comercio local.