O Obradoiro de Emprego Camiño do Solpor V realizou a súa entrega de diplomas

Foto de familia

Tivo lugar esta mañá de luns 23 de outubro o acto de entrega de diplomas do Obradoiro de Emprego Camiño do Solpor V, que comparten os Concellos de Fisterra, Cee, Corcubión e Dumbría.

Desenvolto dende hai xusto un ano, unha vintena de alumn@s-traballador@s estiveron aprendendo dous oficios de xeito moi práctico, ademais de ir cobrando un soldo.

As especialidades foron as de “Xardinería e Restauración da Paisaxe” e outro combinado de “Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais” e “Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización”.

Agora tocaralles enfrontarse ao mercado laboral.

Alcaldes da comarca e Pedro Pablo Lorenzo (abaixo a esquerda) facendo entrega dos diplomas

Novas relacionadas