Venres. 11.10.2024
El tiempo

Xornada de confraternidade e concienciación ambiental sobre invasoras en Fisterra

Obradoiro de Emprego Fisterra facendo limpeza invasoras
Alumnado do Obradoiro de Emprego facendo limpeza invasoras na Langosteira
Xornada de confraternidade e concienciación ambiental sobre invasoras en Fisterra

Retiraron toneladas de plantas invasoras esta semana os alumn@s-traballadores do Obradoiro de Emprego Camiño do Solpor V xunto con varios grupos de escolares da comarca. Unha xornada de concienciación ambiental desenvolta en varias zonas dunares das praias fisterrás, que serve tamén de acción directa contra as invasoras, e ao mesmo tempo unha xornada de confraternidade entre gruipos de 4 centros de ensinso da zona (IES Agra Raíces, IES Fernando Blanco, IES Fin do Camiño e CEIP Virxe do Carme de Fisterra).

A semana arrincou cunha extracción con medios mecánicos, dunha mancha grande da herba ou plumeiro da pampa que quitaron da zona dunar da Praia Langosteira na contorna do Bela Fisterra. “É millor arrincanla co cazo, porque se a destrozas acabas espallando a súa semente”, explican.

Limpeza de invasoras da praia de SArdineiro

Limpeza de invasoras en Fisterra

A xornada cos escolares, desenvolta en Langosteira e tamén en Sardiñeiro, permitiu que Manolo Pose, experto en plantas dunares, explicase un pouco as características das nosas zonas, e María Alonso, profesional limpeza en espazos abertos, dese unha lección práctica. “Fixemos dúas cousas, vimos como unha duna clásica da nosa comarca sen invasoras, e por outra parte analizamos como queda unha zona afectada por invasoras, para comparar”, explica Dani Oca, responsable do Obradoiro.
A acción continuará coa creación dun mapa dixital para xeolocalizar as zonas afectadas para facer seguemento.

Dani Oca director do Obradoiro de Emprego
Dani Oca director do Obradoiro de Emprego

Unllas de gato, carpobrotus, chumbeiras, ricinus, yucas... unha xornada máis que efectiva para aprender a diferenciar toda esta clase de especies que acaban coa nosa biodicversidade autóctona, que quedará para toda a vida nas súas cabezas.

Invasoras na fin da terra

Comentarios