Mércores. 16.10.2024
El tiempo

En marcha o novo Obradoiro Dual dos Concellos de Cee, Corcubión, Dumbría e Fisterra

Presentacion Obradoiro de Emprego Dumbria
Alumn@s / traballador@s que aproveitarán a oportunidade formativa deste Obradoiro
En marcha o novo Obradoiro Dual dos Concellos de Cee, Corcubión, Dumbría e Fisterra

A pasada mañá de luns tivo lugar a presentación do Obradoiro de Emprego Dual Camiño do Solpor V, que desenvolven conxuntamente os concellos de Cee, Corcubión, Dumbría e Fisterra. O acto tivo lugar no Albergue de Dumbría, situado nas instalacións do Conco, sede do mesmo.

Presemtacion Obradoiro de Emprego dumbria 2022

Rexedor@s, xefe de servicio de Formación e Colocación da Xefatura territorial da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, os Técnicos Locais de Emprego dos catro concellos e o persoal directivo e alumn*s traballador*s do Obradoiro de Emprego acodiron á cita.

Durante estes vindeiros 12 meses, os 20 alumn@s traballador@s poderán aprender un oficio mentres cobran un soldo. As especialidades son de “Xardinería e Restauración da Paisaxe” e outro combinado de “Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais” e “Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización”.

Durante todo o proxecto está prevista a realización de máis de 60 actuacións no territorio dos catro concellos.

Novas relacionadas

Comentarios