O Obradoiro de Emprego Camiño do Solpor V realizou a súa entrega de diplomas
16:15 23/10/23
Tivo lugar esta mañá de luns 23 de outubro o acto de entrega de diplomas do Obradoiro de Emprego Camiño do Solpor V, que comparten os Concellos de Fisterra, Cee, Corcubión e Dumbría.
Desenvolto dende hai xusto un ano, unha vintena de alumn@s-traballador@s estiveron aprendendo dous oficios de xeito moi práctico, ademais de ir cobrando un soldo.
As especialidades foron as de “Xardinería e Restauración da Paisaxe” e outro combinado de “Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais” e “Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización”.
Agora tocaralles enfrontarse ao mercado laboral.