Os Deportes de Contacto de Cee e o CEIP de Corcubión únense por unha recollida solidaria para cos refuxiados de Lesbos
Fermosa a colaboración entre o Club Cee Deportes de Contacto e o CEIP Praia de Quenxe. Ambos entes están a cabo unha recollida de materiais para enviar a campamentos de refuxiados en Lesbos a través da ONG Alhambra Internacional. A recollida será esta fin de semana no .
Piden calzado, mantas, alimentos, chubasqueiros, productos de hixiene, tendas de campaña, leite infantil, biberóns, comida enlatada, material escolar e xoguetes, material hospitalario, respiradores infantiles, material ortopédico (muletas, prótesis, etc), medicinas e material de hixiene para trasladar aos campos de refuxiados sirios na illa de Lesbos.
- Lugar: Instituto vello de Agra de Raíces (pola porta de protección civil) (Cee).
- Datas e horarios: Sábado 9 de abril de12:00 a 14:00 e de 18:00 a 22:00. e Domingo 10 de abril de 10:00 a 12:00 e de 18:00 a 22:00h. Publicaranse novos horarios en función da acollida.
- Precísanse voluntarios para a organización do material. Se alguén pode ou quere colaborar pode achegarse ao instituto nesas datas e horarios ou enviar un correo a [email protected].
O vídeo dos escolares costeiros
Novas relacionadas
- Os escolares costeiros si se volcan cos Refuxiados.
- Mazaricos e Lires inician unha campaña de recollida de material para os campos de refuxiados.
- Corcubión amosou a súa respulsa á deportación masiva de refuxiados.
- Cando o fútbol se volca ca solidariedade.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).