mércores. 30.04.2025
El tiempo

Os libros encheron Cee de literatura costeira

Miro Villar asinando libros nunha Feira do Libro de Cee
Os libros encheron Cee de literatura costeira
Miros Villar asinando libros na Lus do Candil da Feira do Libro de Cee

Remataron as Festas da Xunqueira e a Feira do Libro de Cee, unha das citas literarias máis esperadas da Costa da Morte. As Casetas na praza da Constitución recibiron centos de visitantes, as xentes máis inquedas culturalmente da bisbarra e aos moitos turistas que ateigaron a fin de semana grande de Cee.

Se ben o pregón do eterno Gayoso xuntou máis xente que os 4 días de Feira, é posible que non nos decatemos da importancia desta cita anual, unha das poucas propostas que fai do libro o protagonista. O máis importante, que os libreiros quedaron moi contentos tanto coa asistencia do público como cas ventas, unha das patas fundamentais desta feira que ademais de expandir a marabilla da lectura, serve de escaparate de librerías e autores.

Presentacion da revista da UCV na Feira do Libro de Cee

En todo caso, botouse de menos o amplo programa do ano pasado, cunha semana enteira de actividades literarias.
Desta volta, foron 4 días de casetas abertas. Abríu a mostra o venres un grande das Letras Galegas, Armando Requeixo, o autor do libro “Xosé María Díaz Castro: vida e obra”, precisamente o autor homenaxeado en Galicia este 2014. A única presentación armada foi a do novo número da revista Thaumathein, dos bravos da Universidade Cromática das Virtudes. Sergio Cernadas, Javi Turnes e Borha Santiago presentaron a nova proposta no Museo Fernando Blanco.

Ben poderían ter presentado as súas novas obras os Suso Lista ou Suso Bahamonde, Rosalía Fernández Rial, Concha Blanco ou María Canosa, Rivadulla Corcón ou Evaristo Martelo, Xosé Iglesias ou o mesmo Xurxo Souto. Así e todo tivemos a ocasión de ver a moitas destas figuras costeiras da pluma.
Foi o propio Modesto Fraga, un dos que se convertiu nos máximos dinamizadores da Feira achegando autores á súa caseta da Libraría A Lus do Candil a asinar os seus libros. Miro Villar, Xosé Iglesias, Anxo Pérez, Concha Blanco, María Canosa ou Armando Requeixo pararon na caseta da Lus do Candil para asinar os seus libros.

En todo caso, o Batallón de amantes das verbas agarda outro ano para esta gran festa dos libros.

Escritores costeiros na Lus do Candil da Feira do Libro de Cee 2014

Presentación en Muxía

Tamén Muxía tiña cita cos libros esta fin de semana, pero coa presentación dunha guía cultural e turística. O sábado, acolleu o Salón do Voluntariado de Muxía a guía Descubre Muxía, un magnífico traballo de Xan Fernández Carrera, moi importante para a difusión de toda a riqueza patrimonial e cultural de Muxía. Esta guía, editada polo Concello de Muxía, será unha ferramenta fundamental para os muxiáns, para coñecer e dar a coñecer o noso municipio e moi util tamén para quen se achegue ata nós e para os centros educativos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios