Martes. 23.04.2024
El tiempo

Os pequenos de Cee sumerxíronse no medio mariño

Os pequenos de Cee sumerxíronse no medio mariño
Semana da Ciencia en Cee

Finalizaba este venres, e con grande éxito, a I Semana do Medio Mariño do Concello de Cee. Organizadas a través da Concellaría de Urbanismo e Medio Ambente do Concello de Cee e levadas a cabo polo grupo de biólogos/as mariños de O Canto da Balea foron unhas xornadas baixo o lema: "Coñecer para Conservar”. E tremendamente importantes esta clase de actividades para que os cativos da zona se mergullen na nosa natureza, como acontece con proxectos como O Mar na Escola.

A entidade carnotá desenvolveu durante esta semana máos de 30 visitas guiadas á exposición aberta na Casa da Cultura de Cee, ademais ddistintas actividades para nen@s de Infantil, Primaria e Secundaria, concertadas previamente cos centros escolares do Concello. Os nenos disfrutaron e aprenderon por igual, tendo tamén opción os maiores de coñecela en horario de tarde.

A Semana Científica estaba pensada do 20 ao 26 de abril, pero ante a boa acollida da mesma por parte dos colexios, prolongouse ata o 30 de abril.

Semana da ciencia en Cee co Canto da Balea

E unha de coaching

Paralelamente, o mércores 29 de abril tivo lugar o Taller de Coaching no Concello de Cee, con gran asistencia: 94 das 117 inscricións previas, asistiron tanto persoal técnico, coma persoas en desemprego, emprendedores/as e estudantes de últimos cursos de Ciclos de FP e de Bacharelato do IES Fernando Blanco.

O Taller de Coaching foi impartido polos Coach Fernando Piñeiro e Natalia González que achegaron as ferramentas do Coaching para que cada persoa poida descubrir os obxectivos profesionáis e chegar a acadalos.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios