Os rapaces de Cee coñecen o museo Fernando Blanco

09:00 08/02/11
Durante a pasada semana dous grupos de rapaces de 1º da ESO do Agra de Raíces de Cee visitaron o Museo da Fundación Fernando Blanco de Lema, o cal está patrocinado polo Concello de Cee e pola empresa FerroAtlántica. Foron un total de 38 rapaces (15 o martes e 23 o venres). A visita foi organizada polo profesor Fernando Casanova.
Ó igual que o resto de grupos que concertan a súa visita, percorreron o Museo da man do seu coordinador, coñecendo a biografía de Fernando Blanco de Lema, a historia do que foi primeiro instituto do rural galego, así como ollar as pezas expostas que forman parte do rico patrimonio da Fundación.
Máis información
Novas relacionadas
- O Museo Fernando Blanco de Lema exhíbese para todo o país na TVG e na Radio Galega.
- As maiores de Cee pintan no Centro Social e os pequechos visitan o Museo Fernando Blanco.
- A Costa da Morte, todo un proxecto no Museo de Mar de Galicia.
- A Fundación López Abente nace ben escoltada.
Fonte
- Nota de prensa do Museo Fernando Blanco da man de Darío Areas.