Os Relatos da Fundación (II): "Un peón moi especial"
07:38 28/07/18
Depois de repasar os debuxos premiados do Concurso da Fundación Fernando Blanco, imos agora recollendo os relatos premiados no VI Concurso de Relatos Curtos da Fundación Fernando Blanco.
Hoxe seguimos co 2º Premio Categoría A (5º e 6º de Primaria) do VI Concurso Relatos, que recaeu en Baio.
"Un peón moi especial" de Yago Regueira Bugallo (CEIP Labarta Pose de Baio)
Yago Regueira Bugallo - 2º Premio Categoría A do V Aquel neno xa estaba farto de tanto oírlle dicir á súa nai: “Tomás vaiche estoupar a cabeza con tanto móbil e tanto videoxogo”. Pero Tomás seguía no seu mundo e non facía caso a ninguén. Parecía que estaba posuído. Naquela casa, como en todas hoxe en día, respirábase moita tecnoloxía, e o avó de Tomás non entendía coma unha familia podía convivir naquel ambiente. O seu avó, Alfredo, que era un carpinteiro moi coñecido no pobo, propúxolle ao seu neto saír a xogar un pouco máis á rúa, xa que agora non se escoitaban os berros nin os sorrisos dos nenos coma en tempos atrás, nin se vían facer trasnadas aos cativos coma antes. Tomás aceptou, pero díxolle que o acompañara a xogar, xa que el o único que tiña era un balón, unha bicicleta e un patín eléctrico, todo demasiado aburrido para xogar toda a tarde. Entre os dous fixeron un plan para esquecerse de tanta tecnoloxía que os rodeaba. Dirixíronse rapidamente ao almacén onde o avó iniciou os seus labores de carpinteiro. Alí había ferramentas de tódalas clases, todo moi ben ordenado e debidamente colocado, algo que a Tomás lle causou moita impresión xa que el era todo o contrario. Nese momento acordouse do dito que sempre lle dicía o seu avó: “Hai que ser ordenado para levar unha boa vida”. Alfredo comezou a rebuscar, con moita ansia, nun montón de troncos de cor roxa, e Tomás pensou que esa era madeira de freixo, pero estaba equivocado. Seu avó díxolle que era madeira de caoba. Todo era un cúmulo de novas aprendizaxes para Tomás, e aquel día empezou a entender a paixón que tiña o seu avó polo oficio, e a el empezoulle a picar a curiosidade da arte e das cousas que se podían facer coa madeira.  Aquel home, a medida que ía traballando na madeira, íalle contando toda clase de xogos cos que se divertían antes os rapaces. Todos eran xogos tradicionais e con eles brincaban nas rúas ata que chegara a noite, e se rompían arranxábanse, non se mercaban outros novos. Tomás sentiu curiosidade por eles, e díxolle se podía explicarlle algún para aprender a xogar. Alfredo así o fixo. Comezou a explicarlle o xogo do “tira baga”, moi parecido ao tirachinas, que consistía en baleirar unha pola dun bieiteiro e facer un pau a medida do oco, para despois lanzar a baga dun loureiro, facendo estalos ao saír. Outro xogo que lle causaba interese era o tiro con arco, onde había que facer un arco con madeira de carballo, amarralo cun cordel de lado a lado, e facer as frechas con madeira para tentar cazar paxaros. Outro xogo era o de indios e vaqueiros con pistolas e escopetas feitas tamén de madeira, as cales tiñan unha cortiza diante para poder disparala. A cara de Alfredo dicíao todo. Cun sorriso de orella a orella comezou a contarlle o xogo da billarda, o seu xogo preferido, no que era un gran especialista pois sempre ganaba. Con moita calma foille explicando en que consistía a billarda: “Como vexo que teu pai non cho explicou, vouche dicir en que consiste; hai que facer dous paus de madeira, un de 50 cm (palán) e outro de 15 cm (billarda) afiado nas puntas. Para lanzar a billarda tes que petar nunha das puntas para poder subila, e despois con moita forza lanzala o máis lonxe posible para ganar. Eses si que eran tempos Tomás!”. A punto de rematar o día decidiron marchar. Tomás chegou moi canso e foi directo para a cama, pero non era capaz de durmir. A súa cabeza daba voltas, quería aprender máis xogos e, sobre todo, practicalos. Ao día seguinte, Tomás levantouse antes do normal. Quería volver ao taller do avó para seguir aprendendo máis, pero a sorpresa foi ao ver aquel cacho de caoba que tivera o seu avó nas mans convertido nun peón moi especial, decorado co seu nome. Non sabía como se xogaba, e coa axuda dos vídeos de internet intentouno varias veces, pero non foi capaz, ata que chegou o seu avó, e co primeiro intento o peón comezou a xirar. O rapaz quedou abraiado e con moito esforzo e dedicación aprendeu a xirar o peón de tódalas formas posibles. Converteuse no seu xogo preferido. Incluso levábao á escola para xogar no patio e facer competicións cos seus amigos. Foi o xogo máis divertido para Tomás e os seus amigos xa que pasaban moitas horas cos xogos que lle aprendera o seu avó, e gracias a el incentiváronse na escola os xogos tradicionais. Pasado un tempo, na casa de Tomás a tecnoloxía quedou afastada, e só se falaba de xogos tradicionais, volvendo así a tomar contacto coa natureza, que era o que máis quería o seu avó. Tomás fíxose maior e o seu avó púxose moi enfermo. Todos sabía que ía morrer, pero antes quixo dicirlle ao seu neto as súas últimas palabras: “es unha persoa moi especial para min; todo canto che ensinei o aprendiches; espero que todo che vaia ben na vida”. Tomás, con moita pena, prometeu que ía seguir coa súa tradición, e co tempo abriu unha tenda de xogos tradicionais, e no seu corazón sempre quedou o recordo do seu avó.Novas relacionadas
“QPC volverá recoller os relatos e debuxos gañadores do Certame da Fundación Fernando Blanco” — Que pasa na costaGañadores dos Premios Fernando Blanco 2017
- Os Relatos da Fundación: Renacer
- Os Relatos da Fundación: Quero ser mariñeiro.
- Os Relatos da Fundación: O Corazón do Mar.
- Os Relatos da Fundación: O paseo de Xoana pola Costa da Morte.
- Os Relatos da Fundación: Explorando a Costa da Morte.
- Os Relatos da Fundación: A perdición galega.
- Os Debuxos da Fundación (II).
- Os Debuxos da Fundación.
- A Fundación Fernando Blanco de Cee entrega os premios do IV concurso de Debuxo e do V concurso de Relatos Cortos
Novas relacionadas
- 2016: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (VI).
- 2016: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (V).
- 2016: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (IV)
- 2016: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (III)
- 2016: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (II)
- 2016: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (I)
- 2016: Os Debuxos da Fundación (II)
- 2016: Os Debuxos da Fundación
- 2015: Os debuxos da Fundación (II)
- 2015: Os debuxos da Fundación Fernando Blanco (I).
- 2015: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (II).
- 2015: Os Relatos da Fundación Fernando Blanco (I).
- Redacción QPC ([email protected])
- Fundación Fernando Blanco