Daniela García, do Kárate-Do Carballo, á gran final estatal
Celebrouse esta fin de semana Ourense a segunda fase da Liga Nacional Infantil de Kárate. Ata alí se desprazaba unha comitiva do club Kárate-Do Carballo con varias deportistas costeiras, para competir ante máis dun milleiro de deportistas de todo o estado.
A actiuación foi moi positiva en xeral, pero destacou a labor de Daniela García Rey, que acadou a medalla de ouro en kumite xuvenil +52 kg.
Un resultado que lle permite pasar á gran final estatal, que vai ter lugar o vindeiro mes de Decembro en Tenerife.
A familia carballesa volve orgullosa tamén polo 7º posto de Uxía Mariño en Kumite Juvenil -52kg. Pero tamén pola gran actuación de Alex, Arón, Van Tien, Raquel, Helia, Aldara e Daniela, pois a maioria gozaban da súa primeira experiencia nun campionato estatal e souberon o que é acadar algunha vitoria.