Os Socialistas piden no Parlamento a ampliación do servizo de Hemodiálese do Hospital de Cee


Continúan as queixas do PSdeG sobre as carencias do Hospital Virxe da Xunqueira de Cee. De feito, a deputada socialista Loli Toja anunciou que van levar o asunto ao Parlamento, a través dunha serie de iniciativas parlamentarias para reclamar, primeiramente o reforzo do servizo de Hemodiálise do Hospital de Cee.
Logo dunha visita ao centro, constatou que que hoxe hai 4 postos de hemodiálise que atenden aos pacientes 3 días á semana en dúas quendas, o que supón atender a 8 persoas. Deste xeito, os días que non son atendidos, dixo, son obrigados a xornadas de 11 horas 3 días á semana simplemente por non poñer máis medios.
O resto de pacientes que non son atendidos en Cee, explicou, teñen que ser trasladados ao Servizo de Nefroloxía, e algúns derivados ao Hospital San Rafael, un centro privado de A Coruña que supón un custe de 3.000 euros por paciente ao mes. Así o dixo logo dun encontro con afectados polo servizo que teñen que soportar estas condicións, ao que tamén asistiu a portavoz do PSdeG en Cee, Margot Lamela.
Ampliación
Toja urxiu a rematar co compromiso acadado de ampliar o servizo nunha nova sala con 10 postos, o que aumentaría de 8 a 20 as persoas atendidas nas quendas que hai hoxe. Sen embargo, dixo, duplicando o servizo a 6 días, nas mesmas dúas quendas, permitiría atender a cinco veces máis pacientes, chegando ata 40 doentes á semana.
Trátase, explicou, dunha cuestión de “vontade política” que permita “dispor de persoal acaído para garantir unha atención mínima aos veciños e veciñas da Costa da Morte que necesitan da hemodiálise”. Sinalou que simplemente cun médico, un profesional da enfermería e un auxiliar estaría o servizo plenamente cuberto.
Novas relacionadas
- Abril 2017: O PSdG reclama que o goberno galego garanta as necesidades básicas no hospital de Cee.
- Marzo 2017: O PSdeG respóndelle ao Sergas sobre as deficiencias do hospital Virxe da Xunqueira de Cee
- Marzo 2017: O PSdeG esixe que a Xunta tome medidas urxentes ante o desmantelamento do hospital de Cee
- Marzo 2017: A oposición pide explicacións sobre a concesión da cociña e a cafetería do HVdX
- Marzo 2017: Denuncian a nefasta xestión da cafetería e da cociña do Hospital Virxe da Xunqueira.
- Marzo 2017: PSOE, PP e BNG denuncian retrasos do alcalde para convocar o pleno que corrobore a xestión interesada da piscina municipal.
- Marzo 2017: O PSdG denuncia a paralización do desmantelamento encuberto do Hospital de Cee.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- PSdG