Martes. 30.11.2021
El tiempo

Os Traballadores de Ferroatlántica reciben o Premio 10 de marzo da CIG

Os Traballadores de Ferroatlántica reciben o Premio 10 de marzo da CIG
A CIG entregou os Premios 8 e 10_Marzo as traballadoras de Bershka e de Ferroatlantica Costa da Morte A CIG entregou os Premios 8 e 10_Marzo as traballadoras de Bershka e de Ferroatlantica Costa da Morte

Poucas boas novas recibiron os traballadores de Ferroatlántica de Cee, Dumbría e Centrais Hidroeléctrica no último ano e medio, polo que o recoñecemento que veñen de recibir este venres 16 de maro, nun acto de confraternidade que serviu para facer entrega dos Premios do 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega. A loita que levan protagonizando polos seus postos de traballo e polo benestar de toda unha comarca foi recoñecida polo Consello Confedera da CIG.

O secretario xeral da CIG, Paulo Carril subliñou as dificultades que neste ano tivo a central sindical para decidir o conflito ao que se lle outorgaría este galardón. Dificultades que poñen de manifesto “a capacidade de loita que ten a CIG para facer fronte á explotación e ao empobrecemento da clase traballadora”. Especialmente nun momento no que “corremos o risco de que se consolide unha situación social sen saída, consecuencia do intenso retroceso das nosas condicións de vida, dos dereitos laborais, sociais e das liberdades públicas”.

Por iso reivindicou a central sindical como “expresión da clase traballadora galega que ten vontade firme de continuar o longo proceso histórico de construír ferramentas que, desde a autoorganización do pobo galego, rachemos o poder do capital e camiñemos á conquista dunha Galiza Ceive e sen explotación”.

Ademais, a CIG entregou o Premio 8 de Marzo para as traballadoras de Bershka, as primeiras en plantarlle cara ao xigante Inditex.

Historia do Caso Ferroatlántica

Artigos relacionados

Fonte

comentarios