Mércores. 14.04.2021
El tiempo

Piden becas directas para os novos talentos deportivos e culturais de Cee

Recepcion municipal en Cee a Xiana Lago e Elian Numa
Recepción municipal en Cee a Xiana Lago e Elian Numa
Piden becas directas para os novos talentos deportivos e culturais de Cee

Unha recepción municipal está estupenda. Pero o Concello seguro que pode facer máis por novos talentos deportivos como os Elian Numa e Xiana Lago, que veñen de triunfar nos campionatos de España. Son só un exemplo da canteira, deportiva e cultural, da vila da Xunqueira.

Por iso, dende o BNG solicitan que o Concello abra unha partida para becas destiadas a mozas e mozos que destaquen na súa disciplina, sexa no ámbito cultural, deportivo ou outro que se considere de similar.“Acadar logros nestes deportes é un mérito inmenso para quen o practica. Supón un esforzo incalculable, comezan a idades moi temperás e cunha capacidade de sacrificio impresionante, pero a mais diso tamén supón para as familias unha titánica entrega, no persoal e tamén no económico”, declarou Serxio Domínguez Louro, portavoz do Bng de Cee

Entenden que “adestrar e competir son tarefas que supoñen para os deportistas e os seus país viaxes contínuos, fora e dentro da Galiza, polo que desde as administracións debemos colaborar como o facemos cos deportes mais practicados”. E tendo en conta que “eses deportistas levan o nome de Cee por todo o país, iso debe ter a súa compensación”.

Propoñen pois “a creación dunha bolsa de axudas para novos talentos. Para facelas realidade pedimos que se convoque a comisión correspondente, que en compañía dos técnicos poida trazar as liñas base para poder optar a elas.

Novas relacionadas

comentarios