Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Piden explicacións sobre a legalización do edificio de Galivivienda

Piden explicacións sobre a legalización do edificio de Galivivienda

Foron os independientes quen recuperaron o asunto no pleno de hai unhas semanas. Ademais de acusar a un concelleiro de cobrar 60.000€ para votar en contra da reforma da ficha urbanística que permitiría a construción dunha nova gasoliñeira en Cee, na que estaban involucrados varios membros do propio grupo, Plácido Castri ía máis alá nas súas acusacións.
Aseguraba que a parálise das obras do edificio de Galivivienda no centro de Cee tomouse nun xantar entre amigos nunha casa en Ameixenda”.

Falamos dunha obra que se paralizaba no 2008 polo pinchazo de Lábaro, que se retomaba en 2009 pero que non se remataba, a pesar de que o prazo estaba previsto para comezos de 2011, ata este ano.

Hoxe o BNG local demanda do goberno de Cee "explicacións pola legalización do edificio de Galivivienda” unha vez que lle "resulta sorprendente o anuncio do goberno do PP e os seus socios, da legalización do edificio Galivivienda, coñecido que os compoñentes do goberno local tiñan un criterio contrario á legalización ate non fai moito tempo".

Así, o BNG de Cee "demanda explicacións públicas do proceso que seguiu o edificio dende os seus comezos ate a súa legalización, polos distintos gobernos de Cee, xa que as normas de disciplina urbanística do concello deben ser respetados por todos en igualdade de condicións, sen discriminar a ninguén”.

  • Volve a polémica a un Pleno de Cee que aprobou os orzamentos do 2012.
  • 20-07-09: Galivivienda retoma o proxecto da inmobiliaria Lábaro no centro de Cee .
  • 02-04-08: O Grupo Lábaro pincha .
  • Fonte

    • Nota de prensa do Bng de Cee.

    Comentarios