Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Piden que o Colexio público de Cee leve o nome do finado Baldomero Cores

Piden que o Colexio público de Cee leve o nome do finado Baldomero Cores
Baldomero-Cores-Trasmonte

O pasado día de noiteboa, morría o ceense Baldomero Cores Trasmonte. O Cronista Oficial da ”Historia de Cee”, coñecido por ser xornalista, escritor, profesor universitario e xurista do Parlamento de Galicia deixa un oco na vida municipal ceense.

A pesares de todo isto, a súa morte pasou, segundo o grupo do BNG, “sen moita transcedencia para quen nos goberna, dando nula importancia ao seu falecemento. Un BNG que recorda o pasamento de Francisco Mayán no 2010, outro que tampouco foi homenaxeado a nivel municipal.

Por iso, o grupo do BNG de Cee pedirá vía moción, no vindeiro pleno, que o colexio público pase a ter a denominación “CEIP Baldomero Cores”, na súa memoria e honra.
Este cambio de nome serviría, ademais, para dar cumprimento a lei de memoria histórica, xa que o nome actual de Eugenio López imcumprea, por ser este un alto cargo da dictadura franquista. Unha petición xa rexeitada na anterior lexislatura.
Dende a oposición piden tamén a organización dos actos precisos para homenaxear, como é merecido, a este ilustre ceense.

Baldomero Cores (Cee, 14-10-1929 – Compostela, 24-12-2014)

Natural de Cee, estudiou Dereito en Santiago. Continuou os seus estudos en Madrid, foi profesor de Sociología na Universidade Complutense, e catedrático da mesma en Porto Rico. Nos anos oitenta voltou a Galiza e exerceu como xurista do parlamento, desde onde contribuiu ao desenrrolo dunha lexislación propia galega, e continuou unha abultada traxectoria intelectual como ensaista.
Baldomero Cores era membro de la Real Academia Galega, cronista oficial do concello de Cee e medalla Fernando Blanco.

Máis información

Fonte

Comentarios