mércores. 30.04.2025
El tiempo

PP e BNG critican a crúa suba de imposto do lixo goberno de Cee

  • O PP denuncia tamén o atasco na tramitación urbanística que existe na actualidade.
Pleno de Cee de Setembro 2024 copia
Pleno de Cee de Setembro 2024
PP e BNG critican a crúa suba de imposto do lixo goberno de Cee

Os grupos de PP e BNG, que forman parte da oposición no pleno do Concello de Cee, veñen de criticar a segunda suba de impostos lixo en apenas un ano do goberno socialista. Trala subida do pasado outubro de 2023, neste pasado pleno de outubro de 2024 o grupo de goberno aprobou outra subida do imposto do lixo, provocando que nun ano, as vivendas rural, poñendo un exemplo sufran unha suba acumulada do 95.8%. As vivendas do rural pasaron de 21,17 en outubro a 23 a pagar a partir deste novembro 41,45€.

A suba é menor, que segue sendo moi axitada para as vivendas do urbano, que pasan a pagar 75,88€, trala subida de 53% en apenas un ano.

Dende o BNG lembran que se en 2023 a subida foi separada e po porcentaxe, neste 2024, a suba foi igual, de 15,62€, para todos (vivendas do rural, do urbano, establecimentos, comerciais…). Por iso critican que “non é o mesmo subirlle 15€ a XEAL ou Mercadona que a unha familia”.

Lembran ademais que “tamén subiu a Escola de Música, os vados, a escola de teatro, o cemiterio… “Dende que a alcaldesa asumiu o goberno con maioría absoluta non deixa de haber subidas en taxas e impostos”. E lamenta o anuncio de nova subida para abril de 2025.

Pola súa parte, dende o PP local tamén denuncian “a forte carga fiscal que sofren os veciños de Cee”. “Non se pode saquear máis ás familias a base de incrementar os impostos para tapar a nula xestión económica da alcaldesa durante todo o seu mandato”, apuntou Jesús Picallo, quen acusou ao a rexedora de “botar unha vez máis balóns fora” culpando a Sogama para non asumir as súas responsabilidades á fronte do Consistorio.

O popular denuncia tamén o atasco na tramitación urbanística que existe na actualidade. “Promotores, empresas da construción, futuras empresas que queiran instalarse en Cee, os propios veciños e as arcas municipais están a ver atrasado a cobranza do Icio”, dixo o popular.

Con todo isto, os populares esixen á señor alcaldesa que se centre en xestionar, en resolver os problemas da oficina técnica para que, desta maneira conseguir un ingreso considerable nas arcas municipais que, segundo Picallo podería evitar a subida continua de impostos.

Comentarios