Presentan case 2000 sinaturas polo arranxo da estrada a Touriñán
14:59 27/10/17
Jose Luis SAntalla e Serxio Dominguez presentando sinaturas pola estrada do Faro Touriñán
Este domingo 29 de outubro hai convocada pola veciñanza unha Andaina para denunciar o estado da estrada que vai de Pereira ao Faro Touriñán. Unha loita na que levan implicados varios meses os veciños, e que segue dando pasos.
Xa hai un mes que un grupo de veciños de Frixe, entre os que se atopan José Luis Santalla, Cristina Santalla e Serxio Domínguez, edil do BNG de Cee, se puxeron a colleitar sinaturas para esixir que a Xunta ou as administracións competentes que tomen o asunto en serio.
Hoxe Joasé Luís e Serxio presentaban no rexistro do Concello de Cee nada menos que 1811 sinaturas apoiando a iniciativa.
Agora, toca acender denovo o altofalante coa Andaina deste domingo para que os de arriba escoiten.
Novas relacionadas
- Os veciños de Nemiña organizan unha andaina para reinvidicar o mal estado da estrada do Faro de Touriñán.
- Veciños e oposición critican o mal estado da estrada de acceso a Touriñán.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).