Xoves. 25.04.2024
El tiempo

#QPCtv aterra no San Paio de Refoxos para retransmitir o Cee - Monte Louro

CEE MONTE LOURO TV correct
#QPCtv aterra no San Paio de Refoxos para retransmitir o Cee - Monte Louro

Xa tardaba o proxecto de #QPCtv en chegar a Cee. Faino este domingo, en horario de vermú, para retransmitir dende o San Paio de Refoxos. O partido entre o U.C. Cee e o U.D. Monte Louro (7ª xornada da 2ª Galicia, grupo 2A) é ás 12:00h, pero conectaremos xa dende as 11:45h para vivir unha previa intensa, nun dos campos máis míticos da Costa, con varias sorpresas en clave histórica, que xa sabedes que nos gusta recuperar cápsulas doutros tempos.

Contamos co patrocinio do Grupo Insua e de Muebles Fogar Cee.

CEE MONTE LOURO Cartel QPCtv

Adrian do Regenco  en QPCtv

Será a estrea de Adrián do Regenco aos mandos do equipo de locutores de #QPCtv, tralo relevo recollido a pasada fin de semana en Negreira. Estará arroupado por Óscar Leis e Santi Caamaño.

Comentarios