Que o fume non nos agoche o bosque literario de Cee
No medio de tanta fumareda, arrincou este xoves 11 de agosto a Feira do Libro de Cee. Unha feira que estará ata o luns cos postos na Praza da Constitución e moitas presentacións de libros con acento costeiro. Presentacións e teatro que demostran que o bosque literario ceense e costeiro é ben frondoso.
Onte tiña lugar a inauguración, na que Jorge Mira lembrou a Fernando Blanco como gran descubridor literario. El presentou o seu segundo libro “A que altura está o ceo”, e de seguido María Canosa e Carmen Blanco fixeron o propio.
Pregon da Feira do LIbro de Cee 2016 no Museo Fernando Blanco-Foto-Rafa QuintansCompaxinando os líos das Festas da Xunqueira, o venres é día de Rocío Leira, Manuel Gago e Suso Díaz e Helena Villar. O sábado toca teatro musicado con Artur Trillo e Fernando Fraga, dous dos grandes referentes culturais ceenses. O domingo o protagonista será Modesto Fraga, que presentará novo libro acompañado por Miro Villar, que xa nos contou algo en QPC dese “Adagio por outono”.
Máis información
- Adagio por outono, por Miro Villar.
- Programa Feira do Libro de Cee.
- Programa das Festas da Xunqueira.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).