Rescantan a un peregrino en helicóptero
Xa non é a primeira vez que acontece. Pero desta volta tivo que ser o helicóptero da Garda Civil o que saíse para o rescate. Un peregrino barcelonés, de 65 anos, perdíase nun cantil entre Lires e O Rostro. O helicóptero do Instituto Armado localizouno exhausto e sen posibilidade de saír polo seu propio pé do lugar.
Foi a tripulación do aparello do helicóptero a que unha hora máis tarde de dar o 112 o aviso (ás 12:00h), tras centrar o rastrexo na zona comprendida entre Lires e O Rostro, localizaban ao peregrino na parte superior dun acantilado, en unha zona de vegetación alta e espesa que impedía por completo o seu visibilidad desde calquera outro punto terrestre.
Tras realizar as manobras de rescate oportunas os gardas civís lograron subilo a bordo do helicóptero e, ante o evidente estado de extenuación que presentaba, xa que ata había que axudarlle a camiñar, e as diferentes magulladuras e contusiones que sufrira, decidiron evacuarlo ata o hospital de Cee, onde foi atendido polos servizos médicos.
Novas relacionadas
- Aparece na Lobeira pequena o cadáver da muller desaparecida en Lira o pasado martes.
- O BNG reitera as súas críticas polo abandono da Base de Salvamento de Lires.
Fonte
- GC.