![Sen luz]()
Foto de Nieves Formoso
Os bombeiros de Cee retiraron esta tarde unha árbore que cortaba o paso nunha pista de acceso a unha nave de construcción situada
no lugar da Grixa, en Vilastose (Muxía).
Os servicios de emerxencias avisaron do suceso aos bombeiros sobre as 17:25 horas. En concreto, tratouse dun pino seco de grandes dimensións que foi tirado probablemente polo vento de intensidade que soprou esta tarde na Costa da Morte. Os traballos consistiron en torar a árbore e retirala da estrada. As labores duraron aproximadamente unha hora.
Sen luz
Ademais, dende as 21:30 ata ás 1:30 da madrugadas moitas casas estiveron sen luz por mor do temporal. Outras partes como Louro, tamén sufriron as consecuencias, e tiveron que tirar das candelas por quedar unhas 4 horas sen luz.
Temporal de vento
![temporal vento 4gotas]()
Na zona de Corcubión o vento superará nas próximas horas os 80km/hora
Segundo indican en
4gotas.com, nas próximas horas soprarán refachos fortes de vento do sur-suroeste en toda a costa chegando a superar os 80km/hora. Este tempo empeorará o estado do mar e traerá choivas persistentes.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Bombeiros de Cee