Martes. 30.04.2024
El tiempo

"O río Castro vén coma se lle botasen leite"

Asi de blanco baixa o rio Castro
Así de blanco baixa o río Castro pola ponte de Vaosilveiro
"O río Castro vén coma se lle botasen leite"

Esta mañá saltaron todas as alarmas na zona de Vimianzo, Muxía e Cee, ao ver baixar o río Castro "coma se lle botasen varias cisternas de leite". 

A veciñanza está preocupada, así como dende a piscifactoría de Lires, onde temen polas súas troitas.

A Garda Civil confirmou a denuncia e a presenza do vertido, sobre o que están investigando a procedencia. O112 puxo a información en coñecemento da Garda Civil, da Policía Autonómica, da Policía Local de Cee dos servizos de Protección Civil, así como de técnicos de Augas de Galicia.

Comentarios