Rocío Leira busca "unha persoa curiosa para resolver crime que aínda non se cometeu"

Vén de gañar o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil. E Rocío Leira quere poñer en valor o libro “Cicuta para dous”. Unha novela chea de humor e  suspense, cuna historia que atrapa ao lector dende a primeria páxina e que está pensada para o público adolescente, arranca cun anuncio publicado nun xornal: “Búscase persoa curiosa para resolver crime que aínda non se cometeu”. A partir de aquí comezan as investigacións levadas a cabo por Erundino Terrón coa axuda da súa secretaria Irma.
A trama, na que se mistura a intriga e a filosofía, está a colleitar moitos éxitos entre a crítica que coinciden en calificalo coma un “libro rompedor e diferente na literatura galega”. Son 101 páxinas de lectura áxil nas coa axuda da filosofía se analiza a sociedade actual e a condición humana ao longo dos séculos.

 

Novas relacionadas

Novembro 22: Rocío Leira xa ten o seu Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil