A ceense Rocío Leira presentou "Veleno en familia" no Verán Cultural de Cee
A escritora ceense, Rocío Leira, despois de pasar a asinar na Feira do Libro da Coruña, estivo na súa vila natal presentando a súa novela Veleno en familia. Foi este sábado, 1 de agosto, Leira cando abría a programación de agosto na Praza otero Lastres, no marco da programación do Verán Cultural.
A escritora ceense, que xa ten outra novela na rúa, estivo acompañada pola activista da organización feminista da Costa da Morte Buserana, Esther Canosa, e pola directora editorial de Baía Edicións, Belén López Vázquez, que se encargarán de facer unha valoración crítica da obra.
As tres reflexionaron sobre como esta novela de suspense amosa variadas formas e consecuencias do patriarcado.
Xa o domingo, foron Os Piñeiros os que levaron as versións de FRIK&PALDIS á praza, para deleite da veciñanza.
- Máis información: Programación de verán en Cee.
Novas relacionadas
- A escritora ceense Rocío Leira mistura intriga e matemáticas na súa última novela xuvenil.
- Xuño 2020: “Afogada”, a nova novela de Rocío Leira, gañadora do Certame de Narración Curta Ánxel Fole.
- 2019: A ceense Rocío Leira publica a novela de intriga 'Veleno en Familia’.
- “Veleno en familia”, a novela coa que Rocío Leira gaña o segundo premio do Certame Vilar Ponte.
- Rocío Leira gaña o certame de poesía Mujeres Silenciadas "Argentina Rubiera" de Langreo.