Rocío Leira gaña outro Xerais
O xurado dos Premios da editorial Xerais 2022, acordou, por unanimidade, declarar gañadora do XIV edición do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, declarar gañadora por unanimidade a obra co lema “Epicuro”, que resultou ser de Rocío Leira e corresponde ao título “Cicuta para dous”. O xurado do premio valorou a forza do argumento, a orixinalidade, o manexo da lingua e, sobre todo, o carisma dos personaxes dunha novela que consideraron redonda.
Este é o seu primeiro Premio Xerais, os "Oscar da literatura galega", pero a ceense ten ducias de premios.
“Búscase persoa curiosa para resolver crime que aínda non se cometeu”. A aparición na sección de anuncios por palabras dun xornal deste anuncio é o arranque de “Cicuta para dous”, unha novela chea de intriga e humor, tinguida de pinceladas filosóficas que dan xogo para a reflexión. A través das páxinas desta novela, Erundino Terrón Vidal, filósofo, e a súa secretaria Irma Redondo Camporrapado, leva ao lector a resolver o misterio.
Os libros gañadores dos tres premios (tamén gañaron "A culpa”, de María Solar; e “Unha nova dimensión”, de Anxo Iglesias) chegarán ás librarías no mes de novembro deste mesmo ano, coincidindo co acto de entrega dos galardóns.