Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Rocío Leira xa ten a súa novela, "A afogada", nas librarías

Rocio Leira Castro presenta o libro A AFogada
Rocio Leira Castro presenta o libro A AFogada
Rocío Leira xa ten a súa novela, "A afogada", nas librarías

Tras gañar o pasado mes de xuño o Certame de Narración Curta Ánxel Fole do Concello de Lugo, Rocío Leira xa ten na man o libro “A Afogada”.

Da man da editorial Xerais, chega a súa nova novela de intriga para o público adulto, convertida xa no seu o sétimo libro de Rocío Leira despois de publicar dúas novelas dirixidas ao público infantil (Universo Pitágoras” (2013) e “O becho que quería comer a avoa” (2015)), dous poemarios (“Obituario” (2016) e “Inem” (2016)) e tres novelas de intriga dirixidas ao público adulto (“Veleno en familia” (2019) e “Trescatorcedezaseis” (2020)).

Así de rápida vai a carreira desta matemática ceense, que ademais de dirixir un centro de formación para universitarios en Santiago de Compostela,ten tempo para triunfar cas letras, como o refrendan os seus máis de 200 premios literarios entre os que destacan o Díaz Jácome de poesía para novos creadores, o Valle Inclán de narrativa, o premio de novela curta do Concello de Negreira, o Rosalía de Castro de Cornellá ou o Anduriña Voandeira de Euskadi.

Sinopse

“A Afogada” é unha historia chea de mentiras que mantén en alerta ao lector ata a última páxina. É unha obra de fácil lectura na que a autora trata temas como a adolescencia, as altas capacidades, as relacións familiares ou maltrato machista. A protagonista desta historia é Laura Suárez, unha moza superdotada con dificultades para a adaptación social. Despois dunha noite de festa co seu mozo e a súa mellor amiga, Laura desaparece entre as bravas ondas da praia de Riazor. Todo parece indicar que se trata dun fatídico accidente pero o corpo nunca chegou a aparecer. Manuel Cifuentes, un experimentado rescatador mariño e responsable do caso, non cre que a súa morte fose accidental e algo non lle cadra na versión que deron o mozo e a amiga da desaparecida. O caso dá un xiro inesperado coa aparición do diario persoal de Laura. A novela está ambientada na cidade de A Coruña e nos seus arredores.

Novas relacionadas

Comentarios