Rubricado o convenio entre APTCM e Deputación que permite abrir a Oficina de Turismo
Parece que non nos decatamos do que significa ter apenas unha única oficina de turismo, anunciada por toda a bisbarra, e que estea pechada. 8 meses estivo sen abrir a oficina que ten a Asociación Profesional do Sector Turístico da Costa da Morte (APTCM) en Corcubión ata a súa reapertura o 7 de decembro.
Boa nova sen dúbida o convenio asinado entre a Deputación da Coruña e a entidade costeira, coa mediación indispensable da alcaldesa de Cee, Zaira Rodríguez. Son 45.000€ que permitirán manter aberta a oficina ata final de ano, da man da técnica Anabel Piñeiro.
Unha APTCM que ten en marcha varios proxectos abertos. Ademais de ter entregado xa os 30.000 mapas informativos realizados no 2009, xa avanza cos trámites para a posta en marcha dun ente xestor do turismo na Costa da Morte, cuestións que Manuel Pan considerou “clave” para a comarca.
Pola súa banda, Diego Calvo apuntou a importancia da colaboración da Deputación co turismo desta zona, xa que “é unha das comarcas máis ricas da provincia desde o punto de vista turístico”.
Novas relacionadas
- Turgalicia percorre en bici a Costa da Morte.
- A Etapa da Fin do Mundo da Vuelta 2013 subirá o Ézaro e rematará en Fisterra.
- Os Hosteleiros de Santiago promoverán o Camiño a Fisterra e Muxía.
- O Cabo Fisterra terá que agardar máis dun ano polo seu ambicioso Plan Director.
- 07-12-12: A APTCM reabre por fin a súa oficina de turismo.
- A Costa da Morte participará nun proxecto de Fisterras Europeos.
- Jose Antonio de la Riera: Terminar o Camiño no Mar.
- Homenaxe muxián a De la Riera e Pombo.
- A forza do Camiño ata a fin do mundo para un peregrino danés.
- Nota de prensa da APTCM.