Venres. 03.05.2024
El tiempo

A APTCM reabre por fin a súa oficina

A APTCM reabre por fin a súa oficina

Parece que a Costa da Morte tarda en decatarse da mala imaxe que dá unha oficina de turismo anunciada pero pechada. Así leva dende o 8 de abril, todo un verán cos veciños de Corcubión facendo de improvisados, e inexpertos, guías turísticos ante os centos de visitantes que ao chegar ao peirao corcubionés non teñen onde preguntar.

Por fin a APTCM, tras un convenio coa Deputación, abre a Oficina de Turismo, con Anabel Piñeiro de novo como técnica. A oficina atenderá tanto aos visitantes coma aos socios da entidade e a todos aqueles profesionais do turismo que se acheguen polas súas instalacións.
O horario inicial de atención ao público será de 9:30 a 15:30 de martes a venres e de 10:30 a 14:30 os sábados. Tamén se poderá contactar coa Asociación no teléfono 981 70 61 63 ou no correo electrónico [email protected].

Finisterres Europeos

Por outra banda, Manuel L. Pan, presidente da APTCM valora moi positivamente o resultado do traballo levado a cabo o pasado mes de novembro en Honningsvåg, no Cabo Norte de Noruega, con distintos destinos de todo o arco atlántico europeo, co obxectivo de crear o destino turístico dos “Fisterras Europeos” e agarda que en breve se poidan concretar as accións a realizar.

Outros proxectos

Entrementres, seguen en marcha outros proxectos interesantes:

  • Creación dun Consorcio comarcal, con concellos e empresas, unha vez que a participación da Xunta e da Deputación está desbotada;
  • Creación dunha ruta cicloturista pola Costa da Morte.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da APTCM.

Comentarios