Luns. 20.05.2024
El tiempo

A semana máis internacional do IES Agra Raíces

IES Agra Raices en Budapest 4ESO
O alumnado de 4º ESO DO IES Agra Raices en Budapest
A semana máis internacional do IES Agra Raíces

Coincidiron a semana pasada varias actividades europeas no IES Agra Raíces, xa que mentres parte do alumnado se atopa de viaxe a Budapest, aquí o centro ceense recibe ao alumnado do intercambio francés. Experiencias de vida fundamentais para abrir mentes.

Viaxe a Budapest

Especial está a ser a viaxe a Budapest da promoción de 4º da ESO, que aínda non saíra por mor da pandemia. Do 16 ao 20 de abril realizaron unha viaxe enriquecedora, chea de experiencias persoais e vitais. O primeiro día coñeceron Buda e montaron no catamarán polo Danubio. Visitaron o Parlamento, e despois realizaron un percorrido polas alturas de Pest, vendo a Praza dos Heroes, o museo nacional de Belas Artes, o castelo de Vajdahunyad, o Museo da Agricultura, o Zoo, o circo nacional húngaro, e rematando o día no Mercado Central.

Achegáronse tamén a ver a vila de Szentedre, con certo aire mediterráneo, coñecido como a "cidade dos artistas". San Andrés esta situada a 20 kms de distancia de Budapest. Esta cidade barroca deu fogar a pintores, artistas e famosos artesáns por exemplo a famosa ceramista Margarita Kovács, cuxo museo de cerámica pódese visitar e tamén para percorrer as numerosas tendas de artesanía.
X no últiomo día gozaron do Balneario de Széchenyi, e pasaron a tarde en bicicleta ou patinete pola illa Margarita para pasear en bicicleta.

IES Agra Raices en patinete por Budapest

Intercambio francés

Intensa foi tamén a visita do alumnado de intercambio do Lycée Saint-Sauveur de Redon, un centro da Bretaña francesa, a nosa comarca curmá. Recupera así este intercambio o centro despoos da pandemia, e en maio, do 21 ao 28, tocaralle a unha expedición ceense trasladarse a Redon, gracias ao impulso de Mila Trillo ( profesora de Francés do IES Agra de Raíces) e Annie Vázquez (profesora de Lingua Castelá do Lycée Saint-Sauveur).

Intercambio francés no IES Agra Raices

Desta volta foron un total 22 alumnos/as e dúas profesoras francesas Annie e Xiomara as que coñeceron a nosa comarca. A fin de semana, e como primeiro contacto, pasárono coas familia de acollida, aproveitando o sol e visitando a contorna: Fisterra, Muxía, Carnota, Ézaro, Cee, Corcubión…

Coñeceron o centro, visitaron as cidades de Lugo, Santiago e Coruña, antes de despedirse entre bágoas dos seus xa amigos para sempre, esperando que a comitiva costeira lles devolva a visita en breve. Foi un gran éxito de organización, de experiencias persoais, académico e de convivencia entre familias.

Comentarios