Venres. 26.04.2024
El tiempo

Sofre queimaduras na cara mentres traballa nun depósito de gas en Toba

Bombeiros en Toba
Sofre queimaduras na cara mentres traballa nun depósito de gas en Toba

Un traballador sufría esta mañá un accidente laboral mentres realizaba tarefas de mantemento nun depósito de gas en Toba, no centro de Aspadex. Foi pouco despois das 12:30h cando o depósito estoupaba provocando queimaduras na faciana do operario. 

O lume ademais propagouse polo monte, polo que desde o 112 Galicia informouse con celeridade a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao persoal de Medio Rural, aos axentes da Garda Civil e a Protección Civil de Cee e Garda Civil de Muxía. Os responsables do centro xa tiñan controlado o lume á chegada da motobomba de medio rural, unha cuadrilla, e  un axente.

Comentarios