Solicitan unha marquesiña para Ameixenda

09:21 15/03/25
O BNG de Cee vén de rexistrar unha petición no concello para que se instale unha marquesiña no lugar de Ameixenda, na entrada desde a C-550 dirección a Muros, xusto ao lado da floristería. Desde fai anos o autobús que vai para Cee fai parada alí e en moitas ocasións as persoas usuarias non dan chegado a el porque o conductor non as ve ao estaren abrigadas nas vivendas cercanas, polo frío ou choiva.
"A colocación da marquesiña permitiría que iso deixase de pasar e faría a espera das persoas usuarias mais agradable e segura", entenden dende o BNG.