Talía Teatro, Víctor Mosqueira e María Lado nominados para os María Casares
Un ano máis, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia prepara os XVI Premios de Teatro María Casares. E dos 30 espectáculos presentados, son 11 os que saíron nomeados en algunha das 13 categorías.
E a participación costeira será nutrida. En 2 categorías participará a compañía costeira Talía Teatro coa obra Pelos na Lingua. A obra está nominada ao Mellor Texto Orixinal, desenvolto por Avelino González, María Ordóñez, Artur Trillo e Sechu Sende; e á Mellor Dirección, ao polivalente Avelino González.
Tamén, a poeta ceense María Lado, é candidata ao galardón de Mellor Actriz Secundaria por Oeste Solitario.
Ademais, tamén estará o cormelán Víctor Mosqueira, un habitual xa nestas lides. E o fará como candidato ao Mellor Actor Secundario, por Opera dos Tres Reais, do Centro Dramático Galego.
Chévere e o Centro Dramático Galego como favoritos
Citizen Total, de Chévere, e A Ópera dos Tres Reás, do Centro Dramático Galego, obtiveron 8 nomeados. Son as obras que contan cun maior número de finalistas.
Oeste Solitario, de Produccións Teatráis Excéntricas obtivo 6 nomeados, e “E.R.” Algún día traballaremos xuntas, de Teatro do Atlántico, 4.
O Florido Pénsil, de Eme2 emoción&arte, Tango, de Sarabela Teatro, e Piratas, de Teatro do Noroeste, conseguiron 3 cada unha.
Repetindo candidaturas
Estaremos atentos á gala de entrega dos XVI Premios María Casares, que será o 3 de abril, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. I é que os nosos nunca veñen de baleiro destas galas. O ano pasado foron a actriz de Talía Marta Ríos e o malpicán Santi Romay os galardoados; no no 2010 foi a obra Palabras encadeadas a triunfadora para os premios á Toño Casais como Mellor Actor e Artur Trillo como director; e no 2009, os premiados eran precisamente Artur Trillo e Víctor Mosqueira.
Esperamos repetir éxito este ano, pois.
Máis información
Novas relacionadas
- Talía Teatro puxo o peche a unha nova e abarrotada Mostra de Teatro de Cee.
- Os actores da Costa tamén se reivindican contra o desmantelamento cultural.
- Talía Teatro non ten “Pelos na lingua”.
- María Casares 2011: Os dous mellores actores secundarios de Galicia son da Costa.
- María Casares 2010: Talía Teatro leva 2 premios nos María Casares.
- María Casares 2009: Os mellores actores de Galicia son da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).